Miércoles, 17 de mayo de 2006
Hoxe é Dia das Letras Galegas, 17 de maio. Dei esta tarde unha volta pola rede para ver que atopaba e para ler algunha crónica do personaxe ao que se homenaxea este ano, Manuel Lugrís Freire, a quen non coñecía e agora si. O que me entretén nesta data son os discursos dos políticos, sempre envoltos na bandeira. Gosto da bandeira galega, pero cando os políticos se visten dela, a franxa celeste quédalles coma unha banda ao estilo militar e semellan xenerales. O que fai militar nun partido...
Leo que Touriño fala do vindeiro estatuto galego —non imos nós ser menos— e da promoción que vai facer da lingua (o estatuto, digo, que o galego de Touriño non é precisamente como para promocionalo). Quintana di que o obxectivo da Xunta é a normalización lingüística. A RAG, que se debe recoñecer no estatuto o deber de aprender o galego. Copiamos e copiamos como fan os chineses. Dame a sensación de que Lugrís é máis ben o decorado do escenario no que se representa este sainete, e os políticos fanse a homenaxe a si mesmos. E no entanto, os lectores da Voz elixen «bolboreta» como a verba máis fermosa do idioma galego, con 126 (si, 126) votos, vinte máis que «morriña», de entre os 1900 votos emitidos. Pero o titular da Voz é: «Os galegos elixen “bolboreta” como a palabra máis fermosa». Nunca pensei que palabra do galego é a máis bonita, entre outras causas porque non as coñezo todas. E agora fago un esforzo por decidir, de entre as que coñezo e me veñen á cabeza, a que creo eu máis bonita. Non me sai. Non me decido. Gosto de todas. Eu decidiríame por «azul», que tamén é galega. ¡Pero «azul» é igual en castelán!, terei que pensar noutra. Non sei. Tal vez «merda».
Por: Duarte Manzalvos | Otras efervescencias | Comentarios (4) | Referencias (0)
aprendiz_ | 18-05-2006 12:15:33
Pensaba hacerte como "regalo" por el dia das letras galegas unos links para que pudieras acceder a la web del Museu da Lingua Portugesa, unico museo en l mundo dedicado a un idioma, segun rezan sus promotores, y que hace escasos dias qeu abrio sus puertas en la, ahora, convulsionada ciudad de Sao Paulo, pero, por esas cosas de la técnica y de los brasileños, no esta funcionando. De todas formas, los links son:
http://www.estacaodaluz.org.br
http://www.museudalinguaportugesa.org.br
Es un placer volverte a leer. Saludos
Obs.: Eu gosto mais de "bolboreta" do que da palavra "azul".
javi brasil | 18-05-2006 15:57:47
Gracias, Javi. No funcionan, de momento, los enlaces, pero insistiré.
En cuanto a lo de la palabra preferida, creo que no tengo ninguna. Salió "azul" de manera casi psicoanalítica (ahora, por ejemplo, escribiría "xeitura", que me gusta, o, por supuesto, "Manzalvos"). Pero ya que me he metido en este charco, en cuanto tenga un momento más largo escribiré un post defendiendo apasionadamente la palabra "azul", a ver por dónde sale, que esto nunca se sabe. Un abrazo.
Por cierto, buenos vídeos los últimos que has colgado. Ilha das flores me da problemas y sólo puedo ver fragmentos breves, pero creo que lo solucionaré.
Duarte | 18-05-2006 18:55:45
Este Duarte, cuando escribe en gallego, coge una retranca que ya, ya...
Igual la (auto)crítica al narcisismo de los "lusistas" es excesiva, pero en fin: "dotores" tiene la Iglesia.
A mí también me parece una pamplina eso de las palabras favoritas. Pero, de todos modos, te secundo: escojo "añil", y su cultismo, "índigo", que también son azules.
Meursault | 24-06-2006 22:17:20
Diseñado por Studio.st
Online gracias a Bitacoras.com